Os mariñeiros de Mauritania encérranse na Deputación

    marineros_mauritaniacopy.jpgPONTEVEDRA> Tras ser recibidos polo Presidente confirmaron as súas sospeitas de que foran modificadas as bases das axudas a armadores e tripulantes.

    {flowplayer}images/salnes/PECHE_FLOTA_CEFALOPODEIRA.flv{/flowplayer}

    A falta de novidades sobre o acordo pesqueiro adoptado pola Unión Europea polo que se excluíu á flota cefalopodeira que faena en Mauritania deste caladoiro, e sobre o estado no que se atopaban as axudas a tripulantes e armadores, foi o levou ós máis de 100 mariñeiros a encerrarse na Deputación de Pontevedra. A finalidade non era outra que a de esixir a mediación do Presidente Provincial para acceder a dita información.

    Tras dúas horas concentrados Rafael Louzán confirmoulles as súas sospeitas de que as axudas foran modificadas. Así nolo relataba o representante da CIG minutos antes de confirmarse.

    Agora, sinalou Aboi xa contan cunha copia do borrador definitivo das ordes das axudas. Segundo a súa primeira valoración, a filosofía do documento mudou por completo. Explicou que piden un ERE para que se poida acceder a ditas partidas económicas.

    O estudarán estes días para o sábado, na asemblea que está previsto que se celebre en Marín, decidir as accións a levar a cabo. Polo de pronto, xa solicitaron unha reunión cos responsables de pesca en Madrid e na Xunta para aclarar a situación.

    A protesta ven, ademais, despois de que onte catro países se unisen ó escrito remitido por España á comisaria de Pesca no que lle solicitaban a renegociación do acordo da Unión Europea con Mauritania. E é que tal e coma explicou Aboi, o problema non pode ser o de que non hai peixe.

    A día de hoxe o acordo afecta a uns 250 mariñeiros, a maioría do Morrazo, aínda que tamén hai afectados da zona de Arousa.

    Redacción Salnés