A directora Xeral De Administración Local visita Noia para tratar novos investimentos

NOIA> A directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto, achegouse esta mañá ó concello de Noia. A visita serviu para abordar diversos proxectos xa executados ou programados que contan co financiamento da Xunta de Galicia.

A visita da directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto, a Noia serviu para comprobar de primeira man algunha das actuacións realizadas na vila con cargo ás diferentes liñas de axuda outorgadas pola Xunta nestes últimos anos. Precisamente unha das súas primeiras paradas foi no barrio de Labarta onde se acometeu a instalación dunha cuberta no parque infantil alí emprazado por valor duns 40 mil euros.

O encontro serviulle tamén ó Concello para interesarse por novas liñas de axuda ás que agarda poder acollerse en breve e que permitirán diversas melloras.

Tamén se abordou o Plan de Rescate da Hostalería ó que tamén se suma o Concello cunha aportación duns 82 mil euros para facer fronte as necesidades deste sector, un dos máis castigados pola pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí