Educación estudará posibles melloras no CIP Mosteiro

     MEIS> Así o anunciou o Delegado da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, na súa visita ó centro.

    {flowplayer}images/salnes/TourisCeipMosteiro_140113.flv{/flowplayer} 

    Entre as demandas principais do CPI Mosteiro de Meis, no que estudian máis de 300 rapaces, atópase a reforma dos vestiarios e a conclusión da instalación de novas ventás, co obxectivo de que se poidan mellorar os peches e evitar así a entrada de auga nas aulas José Manuel Cores Tourís tomou nota destas demandas e comunicou ao equipo directivo que nas próximas semanas realizarase un estudio, por parte da Unidade Técnica da Xefatura Territorial de Educación, de cara a avaliar o custo das obras e analizar a prioridade das mesmas.

    Por outra banda, tanto Cores Tourís como o Xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares referíronse as obras pendentes nos colexios do Revel en Sanxenxo, A Torre na Illa de Arousa e o Julia Becerra Malvar en Ribadumia. Aseguran que todas están nos plans da consellería para este ano 2013.

    Redacción Salnés