![]()
SALNÉS> Trataríase dunha medida provisional antes do desdobramento desta peligrosa vía.
{flowplayer}images/salnes/ReduccionVelocidade_280912.flv{/flowplayer}
Non hai dúbidas de que a Vía Rápida do Salnés debe ser desdobrada. Á espera de que o proxecto sexa incluído nos orzamentos de 2013, son moitos os colectivos que exixen unhas medidas provisionais para frear a sangría na que se converteu este treito de sete quilómetros que une Sanxenxo e O Grove.
Dende estes dous concellos falouse da posibilidade de introducir unha mediana, que evitaría os choques frontais, ademais da mellora do asfaltado, dous puntos que está a valorar a Xunta e que poderían exectuar en breve.
Agora foi Tráfico o que saíu á palestra indicando que o principal problema desta vía é o exceso de velocidade dos conductores e que é necesario reducir este límite. Os veciños da zona e usuarios desta vía, consideran que é urxente actuar para evitar así as mortes e accidentes que se veñen repetindo nos últimos meses. Algúns opinan o problema é o exceso de velocidade, outros que a choiva.
Os 29 millóns de euros que que custaría levar a cabo o proxecto non son moitos para os nosos enquisados se é que serven para evitar máis accidentes.
Á espera do traballo das institucións, o verán de 2012 deixou dous falecidas en dous accidentes, e numerosos feridos en choques na súa meiranda parte, frontolaterais e incluso múltiples.
Redacción Salnés







