Os funcionarios municipais bótanse á rúa contra os recortes

    VILAGARCIA> Os traballadores públicos do Concello de Vilagarcía botáronse á rúa para protestar polo detrimento da súa retribución salarial.

    {flowplayer}images/salnes/protesta_funcionarios_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    Ataviados con camisetas de loito con frase impresas ben reivindicativas fixeron barullo a media mañá para facerse oír polos gobernantes.

    Reclaman, en primeiro termo, que o Alcalde Vilagarcián, Tomás Fole, teña a ben reunirse co comité de persoal para expoñerlle directamente as súas coitas.

    Aseguran estes funcionarios que son eles os que máis están a sentir o peso da crise malia non tela causado. Piden pois que cesen os recortes nas súas condicións laborais e que a cidadanía sexa máis comprensiva ca súa causa.

    De non seren escoitados nestes días, o persoal volverá a reunirse tódolos xoves en Ravella para facerse oír a golpe de pota.

    Redacción Salnés