O Outono Micolóxico de Vilagarcía recupera a festa dos cogomelos

VILAGARCIA> Vilagarcía presenta o trixésimo sétimo Outono Micolóxico. Asociación Cantarela presenta unha programación que inclúe todas as actividades habituais como obradoiros, saídas, concurso de cociña e a festa dos cogomelos, que regresa tras dous anos de parón.

Unha das asociacións máis antigas de Vilagarcía regresa como cada novembro co seu Outono Micolóxico. Dende Cantarela presentan unha programación ampla na que recuperan todas as súas actividades habituais, entre elas a festa dos cogomelos, que regresa tras dous anos de parón.

En canto as charlas, nesta edición haberá catro, destacando as dúas primeiras que serán unha introdución á micoloxía.

A última das charlas será na praza da Peixería e correrá a cargo de Rubén García, que ademais elaborará diferentes pratos. A primeira das saídas foi a Silleda e a seguinte terá lugar o día 6 a Maceda. O Outono Micolóxico tamén inclúe concursos de debuxos para os colexios e as exposicións.

A edición deste ano está dedicada a Dito, antigo membro da asociación. Dende Cantarela tamén fan un chamamento a que aqueles que o desexen formen parte da asociación.