O reconto de avais sitúa a Fole con máis apoios que Puertas

    marta_avales_copia100.jpgVILAGARCÍA> A presidenta do Comité Organizador do Congreso fixo público o número definitivo de avais presentados polos candidatos: Tomás Fole conta con 412 avais, mentres que Javier Puertas ten 384.

    {flowplayer}images/salnes/CONGRESO_PP.flv{/flowplayer}

    Marta Rodríguez Arias compareceu esta mañá, para dar a coñecer a lista definitiva de firmas, tras a revisión realizada onte pola noite polos membros do Comité Organizador do Congreso. Así, o reconto de firmas, recolle que Tomás Fole conta con 412 avais válidos fronte ós 384 de Javier Puertas. Houbo 98 apoios dobres, e 19 nulos para Fole e 46 para Puertas.

    A presidenta da comisión organizadora sinalou que durante o reconto, estivo presente a secretaria provincial do partido, que realizou un exhaustivo seguimento da revisión. Aquí remata o traballo da Comisión. Mañá, a partir das 7 darase o pistoletazo de saída o Congreso Local de Vilagarcía. Para as votacións, habilitaranse 6 urnas e 2 cabinas.

    Espérase que a partir das 9 se dean os resultados e dará comezo a clausura coa presenza do presidente do PP provincial, Rafael Louzán, o secretario xeral do partido, Alfonso Rueda, e queda por confirmar a presenza de Alberto Núñez Feijóo.

    Dende Independentes por Vilagarcía manifestouse a súa firme decisión de manterse ó marxe do proceso congresual do PP e de calquera operación ou inxerencia algunha.

    Redacción Salnés