Cambados presume de novos escritores na claurura do certame Mar de Letras

CAMBADOS> O talento dos alumnos do Insitituto Francisco Asorey de Cambados queda, de novo, demostrado. Esta mañá entregáronse os premios da segunda edición do Concurso Mar de Letras. Na cerimonia, os mestres aproveitaron a ocasión para animar á rapazada a seguir experimentando coa escritura.

Lucía estuda nun colexio de Allariz é unha das galardoadas hoxe no concurso de poesía e relatos curtos Mar de Letras.

A segunda edición do certame Mar de Letras, que organiza O IES Francisco Asorey, rematou hoxe cunha cerimonia na que se entregaron os premios. Na edición deste ano participaron rapaces do propio instituto, pero tamen doutros puntos, como Santiago e Monforte.

Dende o centro felicitan felicitan ós participantes por terse atrevido a da-lo paso. Escribir na intimidade dun mesmo é unha cousa, pero facelo público é outra moi distinta.

No centro animan á mocidade do centro e do resto da contorna a que se animen a participar nas vindeiras edicións.

O certame celébrase dende o ano pasado, aínda que xa se lle augura unha longa vida.

Cada un dos premiados recibirá, ademais dun trofeo e un diploma, un premio en metálico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí