Con Outubro comeza o Conciliatardes 2012-2013

    VILAGARCIA> O primeiro do mes que ven comeza en Vilagarcía unha nova edición de Conciliatardes.

    {flowplayer}images/salnes/ptac_conciliatardes_280912.flv{/flowplayer}

    Co fin de conxugar o tempo libre dos escolares de menos de dez anos co horario de traballo dos país e nais vilagarciáns, o Concello organiza unha nova edición deste programa de gardería educativa, que este ano estará xestionada por Agoraaberta. Esta empresa prevé que este curso escolar as actividades de reforzo teñan parellas outras de mellora das habilidades sociais dos cativos. Neste curso 2012-2013 ofértanse un total de 35 prazas, das que só faltan dúas por cubrir.

    O servicio prestarase polas tardes, en horario de 3.30 a 9 da tarde; polo que enlazarán co servicio de comedor de centros escolares como o da Lomba, ata onde os mesmos docentes do Conciliatardes se achegarán a buscar ós pequenos. O prezo máximo mensual deste servicio é de 80 euros mensuais, que minguará segundo as condicións económicas de cada familia. No Centro de Formación de Matosinhos, cada tarde, os cativos e cativas serán atendidos por alomenos dúas persoas.

    Entre as novidades que se ofertan este ano sobrancea a creación dunha televisión particular; na que á través de diferentes programas os nenos afondarán no seu coñecemento sobre como falar, comer, interpretar a prensa ou relacionarse en sociedade.

    Redacción Salnés