Veloso afronta o Campionato de España de contrarreloxo

veloso250_250610.jpgSALNÉS> O ciclista de Bamio é optimista de cara a completar unha boa actuación. Luís León Sánchez e Iván Gutiérrez serán os rivais a batir.

Gustavo César Veloso, afronta hoxe o Campionato de España de contrarreloxo coa esperanza de clasificarse entre os mellores. A proba dispútase na localidade albaceteña de Villarobledo e nela concorren uns 30 ciclistas que terán que afrontar un trazado de 36 quilómetros, sen subidas nin descensos pronunciados, practicamente planos.

Os bos resultados que acadou o de Bamio nas contrarreloxos que afrontou nos últimos meses fanlle ser optimista, se cadra non para acadar a victoria pero sí para poder estar entre os primeiros.

Como rivais a batir postúlanse Luís León Sánchez, o murciano do Caisse D’Epargne, campión hai dous anos, e Iván Gutiérrez, un dos maiores especialistas desta modalidade non en van levouse catro veces o título nacional.

O gran ausente será Alberto Contador, gañador en 2009. Pérdese a proba por un proceso gripal.

Redacción Salnés