VILAGARCIA> Vilagarcía presume de campión do mundo de vela. O concello homenaxea ó xove regatista Jacobo García que conseguiu o título o pasado agosto nos Estados Unidos.
Só ten 17 anos pero xa sabe o que é gañar campionatos de Europa e do Mundo. Jacobo García, natural de Vilagarcía, recibiu un homenaxe do seu concello polos éxitos acadados a tempada pasada. O alcalde da vila considera que é un orgullo que o regatista leve o nome da vila por todo o mundo.
O mozo agradeceu o apoio recibido polo concello e compartiu a súa felicidade polos títulos conseguidos.
O campión xa se está preparando para os campionatos de vela, tanto de España como de Europa, que terán lugar en Vilagarcía.
O vilagarcián é consciente das dificultades que terá este ano ó ascender de sub 17 a sub 19. A pesar de iso, o campión agarda acadar un bo resultado no campionato de España da vindeira fin de semana.