Alumnos e mestres do Leliadoura esixen máis medios para impartir os ciclos

    mobilizacioniesleliadoura100.jpg RIBEIRA> Un cento de alumnos do IES Leliadoura concentráronse ás portas do centro educativo para protestar pola falla de equipamento.

    {flowplayer}barbanza/mobilizacionsiesleliadoura.flv{/flowplayer}
     
    Portando pancartas e berrando consignas en contra dos recortes os alumnos do IES Leliadoura de Ribeira iniciaron unha xornada de mobilización que teñen previsto continuar durante toda a semana.
    A protesta vén provocada polas carencias na dotación informática para impartir os ciclos formativos que a día de hoxe, varias semanas despois do inicio do curso, segue sen chegar, a pesar de que a propia dirección do centro xa a tiña solicitada dende o pasado mes de maio.
     
    O Claustro do profesorado do IES Leliadoura, xa amosou o seu malestar por esta situación, acordando por unanimidade coma medida de protesta, iniciar estes paros antes da hora do recreo.
     
    Redacción Barbanza