A campaña trata de convencer á cidadanía indecisa

    fotoenquisacopia.jpgVILAGARCÍA> Esta semana celébranse os debates electorais entre os líderes dos principais partidos. Hai dezanove anos que non se realizan.

    {flowplayer}images/salnes/EnquisaIndecisosCampana.flv{/flowplayer}

    Despois de tres días de campaña electoral, de carteis, anuncios e mitins tratando de amosar os seus programas electorais, o obxectivo dos tres principais partidos continúa sendo convencer os indecisos. Unha franxa que segundo algunhas enquisas se situaría ó redor do corenta por cento. Na rúa hai opinións para tódolos tipos, e para moitos a campaña electoral sigue presentándose como a mellor maneira de amosar á cidadanía o que se pretende facer de chegar á presidencia.

    Sen embargo, tamén hai quen considera que a estas alturas o que ten claro o seu voto non o cambiará a pesares da campaña electoral.

    Uns por estar moi convencidos, e outros por desencanto. Unha parte importante tamén da cidadanía considera que a campaña non servirá para nada porque a xente está descontenta coa clase política e isto verase reflectido na abstención.

    Así as cousas, por diante quedan aínda doce días ata que se celebren as eleccións. Os tres debates que se celebran esta semana marcarán de seguro o desenvolvemento do resto da campaña.

    Redacción Salnés