MEAÑO> Meaño recuperou esta fin de semana a súa tradicional carreira popular. A cita tivo unha gran afluencia de participación con máis de 550 atletas. O portugués Paulo Barbosa e a ferrolá Paula Mayobre foron os campións das categorías máximas.
O concello de Meaño recuperou esta fin de semana a súa tradicional carreira popular. Tras dous anos de parón, numerosos deportistas de toda España pero tamén de Portugal achegáronse á vila para disputar a XXVI edición da carreira popular de Meaño.
A carreira dividiuse en diferentes categorías segundo a idade dos participantes. Os campións das categorías sénior foron o portugués Paulo Barbosa e a Ferrolá Paula Mayobre.
A carreira foi gratuíta pero tamén tivo a súa parte solidaria. Os participantes tiveron que doar comida para poder participar na carreira.
O éxito de participación permitiu que a carreira conseguise media tonelada de produtos non perecedoiros.