RIBADUMIA> Un ano máis a Ribadumia acollerá unha andaina pola Festa do Tinto. A actividade vaise celebrar o domingo 8 de xuño. Ten un carácter solidario, por segundo ano a beneficio de TDAH Salnés. O ano pasado participaron 200 persoas, cifra que agardan superar. Na edición anterior recadaron uns 500 euros.
Coa Festa do Tinto do Salnés petando xa á nosa porta, hoxe en Ribadumia presentouse unha nova edición da andaina solidaria que se celebra no marco deste festexo. A súa oitava edición vaise celebrar o 8 de xuño.
Por segundo ano consecutivo a andaina do tinto será a favor de TDAH Salnés.
A través desta iniciativa, a entidade conseguiu recadar 500 euros, grazas ás achegas das 200 persoas participantes. Un éxito que agardan repetir este ano.
Dende o concello convidan a veciños e visitantes a participar, para gozar dunha completa mañá chea de fermosas paisaxes.
As inscricións pódense formalizar o propio día da actividade, no punto de saída, na zona da rotonda dos Castaños.