Bo primeiro fin de semana de ventas na Festa do Marisco

    GROVE> Os números de ventas superan de momento ós do ano pasado se ben están lonxe dos das mellores épocas.

    {flowplayer}images/salnes/BalanceMarisco_081012.flv{/flowplayer} 

    O arranque da edición número 49 da Festa do Marisco foi mellor do agardado. As ventas superaron e con moito ás do primeiro fin de semana de 2011. Todo grazas en parte a unha estupenda xornada inaugural, a do venres, na que foron vendidas máis de 9.000 racións. Entre o sábado e o domingo despacháronse outras 25.000 e iso pese ó mal tempo e o encontro entre Barcelona e Real Madrid, que restou afluencia de público ás carpas instaladas no Corgo. Con todo, pese á satisfacción, dende os stands observan os datos con cautela. 

    Ata o momento os productos que máis aceptación tiveron son o pulpo, o arroz de marisco e as navallas, así como o Albariño síguelle a gañar a partido ó Ribeiro. Os vendedores resaltan a masiva presencia de visitantes procedentes de fóra de Galicia, sobre todo entre semana. Aínda que o balance é bo con respecto a anos anteriores, non o é tanto en relacíón a época pre crise. 

    A Festa do Marisco extrenderase ata o vindeiro domingo. Agárdase que a ponte do Pilar e a climatoloxía axuden a encher os petos duns cartos que o verán non foi quen de deixar.

    Redacción Salnés