Portos inviste 40.000 euros na mellora do peirao de Carril

    VILAGARCÍA> Jose Juan Durán as obras de renovación do pavimento que se están a acometer na rampa principal do peirao.

    {flowplayer}images/salnes/VisitaPortosCarril_281012.flv{/flowplayer} 

    Portos de Galicia fai un investimento de 40.000 euros nestas obras que poderían rematarse ó longo da vindeira semana se é que o tempo o permite. Con esta actuación preténdese paliar as deficiencias da rampa principal do peirao de Carril, sobre todo no pavimento e o cantil. Por iso demoleuse a pavimentación antiga, para poñer un novo formigón e renovar así a superficie, que facilitará a partir de agora as tarefas dos profesionais que alí traballan. Asi mesmo consolidouse o cantil e como remate de obra encintarse o muro de conteción da rampa.

    Unha actuación necesaria, para o alcalde Tomás Fole, que asegurou que teñen en mente outras melloras tanto nestas instalacións como nas outras zonas portuarias de Vilagarcía, pero que se irán facendo pouco a pouco e conforme a economía das administracións o vaia permitindo.

    Redacción Salnés