Ribadumia cualifica de éxito o regreso da Festa do Tinto de Barrantes

RIBADUMIA> Ribadumia puido gozar esta pasada fin de semana da festa do Tinto de Barrantes. O primeiro gran festexo que se celebra na nosa contorna dende o inicio da pandemia. Todos os actos estiveron adaptados as medidas sanitarias. Dende o concello cualifican de éxito tanto os festexos como o comportamento da veciñanza.

A festa do tinto de Barrantes regresou este ano a Ribadumia na súa corenta e oito edición. A celebración pode catalogarse como o primeiro gran festexo da nosa contorna que se celebra. A festa estivo marcada polas medidas sanitarias pero iso non impediu a celebración da cata final e da entrega de premios. Nesta edición participaron 89 viños de Barrantes e 17 en variantes autóctonas.

A festa tamén contou con actuacións musicais e culturais, entre elas pasacalles, De Vacas ou Pepo Suevos. Todas os eventos respectaron as medidas sanitarias con límites de ocupación e inscricións previas.

O goberno local fai unha valoración moi positiva do Tinto de Barrantes. Un festexo que cualifican de éxito grazas ao comportamento da veciñanza e os visitantes.

Dende o concello xa pensan na vindeira edición do Tinto de Barrantes. Unha celebración con multitude de eventos para un edición que agardan que xa se poida celebrar con total normalidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí