Un grupo de Estonia intenta coñecer o noso xeito de traballar o mar

    CAMBADOS> O xeito de facer turismo co noso sistema de pesca e marisqueo está servindo de modelo para outros países.

    {flowplayer}images/salnes/visita_gac_cambados.flv{/flowplayer}

    Tal é así que estes días un grupo de visitantes de Estonia percorren os puntos máis significativos das Rías Baixas na procura de información e modelos de traballo que reproducir no seu país.

    Nesta última visita, estes visitantes realizaron un percorrido por Vilagarcía e por varios puntos de Cambados;como a lonxa, o porto pesqueiro ou a nave das redeiras, co fin de coñecer a realidade da pesca e o marisqueo na nosa comunidade. 

    Nestas rutas estiveron acompañados por integrantes do Grupo de Acción Costeira da Arousa, o GAC 5; quen lles explicaron como investiron eles os fondos europeos. Agora deberán ser eles os que implanten este modelo no seu país grazas ás incipientes axudas da Comunidade Europea. Pero non só son os visitantes os que aprenden, a xente das Rías Baixas tamén aproveita estes intercambios para afondar no seu coñecemento da realidade do sector do mar noutros paises; aprendendo así a valorar máis o seu traballo cotiá.

    Redacción Salnés