A CIG denuncia a situación laboral no Centro de Día sanxenxino

    PONTEVEDRA> Dous traballadores non foron subrrogados, dous despedidos e ó resto, agás á directora,…

    {flowplayer}images/salnes/denuncia_cig_centro_dia_sanxenxo.flv{/flowplayer}

    … rebaixóuselle o horario e as condicións laborais. Estas son as primeiras medidas que adoptou a empresa Clece tras facerse ca concesión do servicio do Centro de Día de Sanxenxo este pasado mes de agosto. Esta rebaixa de 50.000 euros no capítulo de persoal é a forma que, segundo a CIG, emprega Clece para poder axustar o orzamento co que gañou o concurso de concesión.

    Unha situación que xa ven de ser denunciada ante a inspección de traballo, e que de inmediato porán en coñecemento da Consellería de Traballo e Benestar e das forzas políticas locais; entre elas o goberno municipal; que foi o que sacou este verán o Centro de Día a un novo concurso, no que os custes de producción minguaban sensiblemente respecto ó acordado ca concesionaria anterior.

    Segundo este sindicato, o servicio que prestan estes profesionais xa se empezou a resentir posto que os traballadores non son quen de facer o mesmo con menos efectivos e, ó tempo, eses con menos horas remuneradas. Amais, a CIG entende que o Concello podería ingresar un superavit con aqueles usuarios que pagan a cantidade máxima polo uso deste Centro de Día; unha coantía que é menor da que foi adxudicada o servicio. Dase a casualidade de que esta empresa, Clece, é a que xestiona tamén o servicio de limpeza de Vilagarcía, onde a tónica de actuación cos traballadores tamén vai na mesma liña.

    Redacción Salnés