Técnicas de masaxe intanfil, xogos e cantigas para os máis cativos

    obradoiro_axouxerescopy.jpgVILAGARCÍA> A última sesión deste obradoiro será o domingo a partir das sete da tarde no Auditorio Municipal.

    {flowplayer}images/salnes/OBRADOIRO_AXOUXERES.flv{/flowplayer}

    Esta actividade ven a completar o Encontro dos Axóuxeres celebrado o pasado mes de febreiro.

    Nesta ocasión, trátase dun obradoiro de relaxación que pretende ensinar ós pais técnicas de masaxe infantil, cantigas para mellorar o vínculo cos seus fillos e interactúen con eles. Na primeira sesión desta tarde participaron catro cativos xunto ós seus pais.

    Esta actividade, que está dirixida para bebés desde os dous meses ata os tres anos ten un segundo obxectivo que é achegar, a través de xogos, a nosa lingua ós máis cativos.

    Pola súa banda, os pais valoraron que se trata dunha boa iniciativa para aprender ditas técnicas de relaxación para traballar cos seus fillos. Sobre todo, porque melloran o vinculo con estes cativos.

    O domingo terá lugar a última sesión en Vilagarcía ás sete da tarde. Os que estean interesados aínda se poden apuntar, ata completar aforo, no teléfono 630 230 338.

    Redacción Salnés