VALGA> Encontro do conselleiro de Emprego co tecido empresarial de Valga e a súa contorna para dar conta das iniciativas da Xunta para este ano para potenciar a empregabilidade e a competitividade. José Gonzalez aproveitou para poñer de manifesto as políticas de emprego que pechan o círculo, conectando a formación con incentivos á contratación.
O conselleiro de Emprego foi o encargado de informar ao empresariado de Valga e a súa contorna das medidas postas en marcha este ano para potenciar a empregabilidade e a competitividade do tecido produtivo. Liñas mestras, dixo José González, para buscar man de obra cualificada ou facerlle fronte ao absentismo laboral.
O conselleiro tamén reivindicou a necesidade de pechar o círculo da empregabilidade a través dunha estratexia integral de políticas activas de emprego que conecta a formación para o emprego cos incentivos á contratación.
A xuntanza de hoxe forma parte dunha rolda de encontros por toda Galicia, onde están representados empresas de distintos tamaños e sectores. O alcalde de Valga salienta a importancia deste tipo de reunións para o empresariado local.











