![]()
VILAGARCÍA> A Consellería de Sanidade enviará a Vilagarcía un técnico para avaliar in situ as posibilidades da antiga Comandancia da Mariña como posible centro de saúde. Este é o resultado da reunión que mantiveron o conselleiro Vázquez Almuiña e o alcalde da vila, Alberto Varela, onte en Santiago.
Sanidade enviará un técnico a Vilagarcía para avaliar as posibilidades da antiga Comandancia da Mariña como centro de saúde, debido a que o actual centro de san Roque, quedase pequeno para atender a poboación vilagarciá. Un compromiso, co que segundo Varela di sentirse satisfeito.
Alberto Varela dirixirase nos vindeiros días a Autoridade portuaria para que lle facilite a visita ao edificio do técnico, e que permita que o concello tamén asista. Ao tempo, e pasadas as eleccións o rexedor tamén solicitará formalmente ao Ministerio de defensa que reverta ese edificio ao concello.
En canto a petición dunha ambulancia medicalizada, Vázquez Almuiña non pasou de comprometer a dotación dunha nova ambulancia para Vilagarcía, con servizo permanente de 12 horas ao día, continuando a ambulancia medicalizada con base en Sanxenxo con atención para todo O Salnés.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/21/sanidade_comandancia_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/21/ sanidade_comandancia_villa_.mp4{/flowplayer}






