Polémica derrota do Poio Pescamar ante o Teldeportivo

SALNÉS> Na 2ªB masculina, o Grupo Junquera sumou a súa primeira victoria logo de impoñerse por 4-5 na pista do HL Rueda. Non lle foron tan ben ás rapazas do Poio Pescamar que caeu na cancha do Teldeportivo por 3-1.

Polémica derrota do Poio Pescamar en As Palmas ante o Teldeportivo (3-1). O encontro decidiuse en dúas accións nas que os colexiados non viron penalti sobre as xogadoras poiesas e que foron aproveitadas polas locais para facer dous tantos á contra.

Foi un partido igualado de principio a fin en canto a xogo e ocasións se refire. O Poio adiantouse no electrónico ós tres minutos, por mediación de Charo, pero pouco despois empatou o Teldeportivo. Os tantos que decidiron o choque viñeron ó final do primeiro tempo e do segundo, cando xa as de Marcio arriscaban en busca do empate.

Quédanse en metade de táboa cunha victoria e unha derrota. A semana que ven tócalles descansar.

Valioso triunfo do Grupo Junquera na pista do HL Rueda por 4-5. Os vilagarciáns fixeron unha gran primeira metade, na que dominaron, pero na que non foron quen de reflectir esa superioridade no marcador. Chegouse ó descanso con empate (1-1).

O segundo tempo o partido foi máis aberto. O equipo local saía moi ben á contra aproveitando os espacios que deixaba ás costas o equipo de Quico Otero. Tras un intercambio de golpes, os locais poñíanse 4-3 xa no treito final de partido. Ahí foi cando o Junquera arriscou e co porteiro-xogador acadou a remontada, primeiro cun tanto de Moro a falta de tres minutos e o último, o da victoria, obra de Nacho a quince segundos para o remate.

Os vilagarciáns son quintos na táboa con catro puntos en dúas xornadas. Este sábado volverán a xogar na casa. Reciben ó Zamora, ás cinco da tarde en Fontecarmoa.

Redacción Salnés