A Deputación fará dos mercados puntos de encontro 24 horas

    PONTEVEDRA> Turismo Rías Baixas ven de presentar as súas dúas novas actividades de promoción das Prazas de Abastos,…

    {flowplayer}images/salnes/rb_territorio_gastronomico.flv{/flowplayer}

    … de xeito conxunto ca gastronomía de calidade do país e do turismo. Esta nova campaña conta cunha dobre vertente: as actividades de showcooking e concurso de receitas “Rías Baixas, Territorio Gastronómico” e os Seminarios “Ven ó mercado”. Os seminarios ven ó mercado consisten nunhas charlas coloquios por parte de expertos en dinamización turística de Valencia que están a expoñer a súa experiencia nas prazas de Vilanova, Caldas e Moaña. Os cursillos serán impartidos polo Subdirector Xeral de Comercio da Generalitat Valenciana, Juan Valea, e pola presidenta da Asociación de Comerciantes do Mercado Municipal valencián de Aldaia.

    Amais dos seminarios, a Deputación de Pontevedra está a levar a cabo un concurso de receitas para os propios praceiros nos mercados municipais de Portonovo, O Grove, Caldas de Reis, Bueu e Porriño. Amais as prazas de abastos de Portonovo, O Grove, Bueu, Porriño, Caldas, Ponteareas, Vilagarcía e Redondela acollerán o Showcooking Cociña de Mercado; un espectáculo de cociña en directo a cargo de afamados restauradores galegos integrados no Grupo Nove.

    Todas estas receitas, tanto as que executen os expertos cociñeiros así como as gañadoras do concurso; serán expostas nos totems interactivos que xa hai dispostos en varios mercados.

    Aproveitando a presentación desta campaña, o Presidente Provincial adiantou a intención da Deputación, ca colaboración da Xunta de Galicia, de reconverter estes espacios en lugares de encontro continuados, diversificando para elo a súa actividade, máis aló da venda de productos de calidade.

    Redacción Salnés