Os deportistas de Boiro optarán a 47 bolsas de entre 100 e 300 euros

BOIRO> O concello de Boiro vén de convocar as axudas individuais para deportistas federados. este ano a partida incrementouse ata os 7500 euros, o que permitirá becar a 47 nenos e mozos, de entre 9 e 23 anos.

Xa está aberto o prazo para solicitar as bolsas para deportistas federados que concede o concello de Boiro.

Este ano, o concello incrementou nun 50 por cento a dotación económica para estas bolsas cun importe local de 7500 que se repartirán en 5 becas de 300 euros, 10 de 200 , 16 de 150 e outras 16 de 100 euros.

Os aspirantes dispoñen ata o 8 de Boiro para presentar a solicitude. Ademais de estar empadroados en Boiro, deben ter entre 9 e 23 anos, dispoñer de licenza federativa en vigor así como tre participado en campionatos oficiais durante a pasada tempada. As bases poden consultarse na web municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí