O concello revisará sete tasas municipais para aplicar deduccións

    VILAGARCÍA> Coa medida preténdese que paguen menos aqueles contribuíntes que teñen menos ingresos.

    {flowplayer}images/salnes/BonificacionsFiscais_231012.flv{/flowplayer} 

    Os que menos teñan pagarán menos. Esa é a medida que se quere aplicar dende o concello de Vilagarcía. O alcalde Tomás Fole convocou unha xunta de portavoces para acelerar un proceso no que se revisarán sete tasas muncipais, moitas delas conxeladas dende hai anos e obsoletas. Son as da rede de sumidoiros, depuración de augas residuais, abastecemento de auga potable, entrada de vehículos por beirarrúas, instalación de rótulos, marquesiñas e toldos así como o imposto sobre vehículos.

    O que se pretende é que aquelas persoas que teñan menos ingresos poidan recibir algunha bonificación ou deducción. Unha iniciativa que foi elevada a pleno polo PSOE, aprobada por unanimidade e que por suposto é ben acollida entre a cidadanía. 

    Malia a que é vista con bos ollos, os cidadáns non cren que sexa suficiente como para comezar a ver á luz ó final do túnel da crise.

    Preténdese que as novas tasas comecen a ser aplicadas a partir de xaneiro de 2013. Unha medida de caracter urxente xa que é imprescindible para o goberno á hora de coñecer que ingresos obterán delas e pechar así o presuposto de 2013.

    Redacción Salnés