A hatchery IMPROCAR entra en preconcurso de acredores

    VILAGARCIA> A empresa IMPROCAR, a hatchery en Ribeira da Agrupación de Parquistas de Carril entra en preconcurso

    {flowplayer}images/salnes/preconcurso_hatchery_carril.flv{/flowplayer}

    … de acreedores ante a imposibilidade de seguir exercendo a súa actividade de cría de ameixas. O primeiro dos inconvintes ó que se enfrontan é a contaminación das augas da zona por mar dunha empresa lindeira que xa foi denunciada en varias ocasións, e á que as administracións local e autonómica non foron quen de atallar malia a que verten en pleno parque natural. Ante a imposibilidade técnica de restar contaminación a esta auga do mar, IMPROCAR intentou, sen éxito ate o de agora, que se lle dese un permiso para captar auga mar adentro, libre de contaminación.

     Ó non producir non poden afrontar o pago dun creto avalado polo IGAPE; e as subvencións aprobadas pola Xunta de Galicia tampouco dan chegado. Tras afrontar un capital social de 3.750.000 euros, de varios empréstitos a esta hatchery e ante o azoute da crise económica, os parquistas de Carril non poden seguir asumindo esta sangría. É por isto que reuniran ós acredores para intentar adoptar algún acordo que poida reflotar a empresa, evitando así vendela.

    Desde a Asociación de Parquistas de Carril aseguran que os inicios da actividade desta hatchery e da posterior nursery, foron máis que satisfactorios xerando un superavit de producción de 400.000 millóns de unidades ó ano; ó que os obrigou a facer ampliacións.

    A raíz da contaminación da zona, e do que para eles é un claro cambio de rumbo da Consellería do Mar, a súa actividade corre risco de desaparecer. A situación deste parque de cría de ameixa está desde fai tempo en stand by, co que os parquistas se ven obrigados a mercar a cría a outros productores alleos. Amais, a falla de persoal de mantemento en IMPROCAR xa provocou un roubo de case 300.000 euros que tivo que ser asumido polos socios.

     A esto hai que engadir o malestar que desde fai meses ten este colectivo ante o decreto de reordenación dos parques proposto pola Consellería do Mar e ante a entrada masiva de producto foráneo que tira á baixa cos prezos do seu producto ó tempo que reduce a demanda.

    Redacción Salnés