Aposta polo fomento da lectura no Día das Bibliotecas

    diabibliotecas100.jpgBOIRO> Fomentar a lectura e proporcionar novos recursos de formación académica son dous dos obxectivos da campaña do Día das Bibliotecas da Xunta

    {flowplayer}barbanza/diabibliotecas.flv{/flowplayer}

    Aproveitando a celebración desta data quixemos coñecer máis de preto o funcionamento dunha biblioteca como a de Boiro, na Cachada, que na actualidade conta con preto de catro mil socios.

    Este centro é un bo exemplo de que, a pesar da forte irrupción do libro dixital, o préstamo para a lectura segue a contar con moitos usuarios. Entre eles, atopamos unha ampla variedade de perfís, entre os que van gañando terreo os novos lectores que se inician no hábito na compaña dos seus pais.

    Variedade de lecturas

    A biblioteca boirense conta con entre os seus fondos con máis de vinte mil publicacións. A variedade da súa oferta fixo que os préstamos no que vai de ano sobrepasaran os catro mil entre libros e dvds.

    As preferencias dos lectores son tamén ben variadas aínda que hai algúns títulos de moda que espertan especial interese.

    Sexa cal sexa o título escollido o importante é animarse a ler e afondar no hábito da lectura porque como se soe dicir, non hai mellor compaña que un bo libro.

    Redacción Barbanza