Lea entre Xunta e alcalde de Caldas na estrea da nova ETAP

    fotoetapcopia.jpgCALDAS> O Conselleiro de Medio Ambiente en funcións inaugurou as obras de mellora da depuradora, e neste acto xurdiu a tensión entre ambas administracións.

    {flowplayer}images/salnes/VisitaMatiEtapCaldas.flv{/flowplayer}

    Un novo depósito de 2.200 metros cúbicos que se suma ó anterior, de 1.500 metros cúbicos. Máis do dobre de capacidade ten agora esta Estación de Tratamento de Auga Potable que abastece ós dez mil veciños do Concello de Caldas.

    Ademais da ampliación da capacidade, tamén se mellorou o sistema de captación de auga. Esta obra está incluída dentro do Plan Umia e un dos obxectivos principais deste plan é evitar a proliferación das cianobacterias que tanto dano fan no encoro. Segundo o Hernández, dende a Xunta estanse a cumprir os compromisos adquiridos.

    Se ben o executivo autonómico se felicita por ter levado a cabo este proxecto, desde o Concello non queren que se esqueza que o máis que fixo a Xunta foi poñer os cartos. Juan Manuel Rey, tamén presente neste acto, asegurou que o mérito era todo da administración local.

    O enfrontamento comezou co outorgamento do mérito, continuou cos problemas xurdidos nun principio cos terreos da estación e culminou cunha carta que o rexedor socialista lle entregou ó Conselleiro.

    Redacción Salnés