MORAÑA> Será grazas a un proxecto piloto do Inega. Aforrarase un 60% do gasto anual en iluminación pública.
{flowplayer}images/salnes/IluminacionMorana_241012.flv{/flowplayer}
O concello de Moraña poderá aforrar a partir de agora preto dun 60% de enerxía grazas a un proxecto piloto de iluminación pública que está a desevolver a Consellería de Economía e Industria O proxecto foi presentado polo director do Inega, Eliseo Diéguez e a alcadesa María Luísa Piñeiro.
Moraña será o primeiro concello da provincia de Pontevedra que poida probar este plan de aforro enerxético. Segundo as primeiras estimacións, Moraña acadará aforros enerxéticos preto dun 60% nas zonas incluídas no estudo, unha cifra importante segundo Diéguez xa que a iluminación pública supón, de media, case o 70% do consumo eléctrico dun municipio.
A través desta actuación substituiranse preto de medio milleiro de lámpadas nas parroquias de Barosela, Alende, Souto, Vilacoba, San Lourenzo, Afieiras, Mirallos, Rodonda, Silvoso e Penagrande. No seu lugar, instalaranse lámpadas de última xeración que mellorarán a calidade lumínica cunha importante redución da potencia.
A actuación supón un aforro económico próximo ós 22.000 euros por exercicio. Así mesmo, o conxunto da nova instalación suporá unha redución das emisións de CO2 á atmosfera.
Esta iniciativa encádrase nun convenio no que participan outros dous concellos galegos: Arnoia e Boqueixón. Os seus resultados servirán para estudar a implantación destas novas tecnoloxías de iluminación exterior a outros municipios da comunidade.
Redacción Salnés