Os empregados de INTECMAR volven secundar un paro

    intecmar100_130608.jpgVILAGARCÍA > Os traballadores da empresa INTECMAR de Vilaxoán esecundaron esta mañá un novo paro de media hora …

    … co obxectivo de que se fagan escoitar as súas reivindicacións laborais. Demandan a aplicación dos pluses salariais e do fondo social que se recolle no seu convenio. Afirman que tódolos intentos por chegar a un acordo coa dirección da empresa caeron en saco roto pola nula disposición que levan amosando durante os últimos tres anos de loita. Os vindeiros luns e venres da próxima semana volverán a concentraranse diante de INTECMAR.

    Contundentes se mostraban os empregados de INTECMAR no paro de media hora que comezaron ás 11 da mañá diante da empresa onde traballan. Unha entidade dependente da Xunta de Galicia, que se dedica á preservación da saúde pública e dos sectores da acuicultura e o marisqueo.

    Unhas protestas que continúan no tempo despois de que na última convocatoria da mesa de negociación non se chegara a ningún acordo segundo relatan os traballadores afectados pola nula disposición da dirección de INTECMAR a atopar unha solución ás súas reivindicacións que afectan ó salario e a aplicación do fondo social que ven recollido no convenio Unha mesa de negociación que resultou un fracaso , polo rexeitamento da empresa a executar as petición dos afectados recollidas dentro do convenio que teñen articulado. Afirman que a dirección da empresa só lles suxire que acudan ós tribunais, onde as demandan destes empregados comezan a acumularse

    . Os traballadores secundarán novos paros o luns e venres da vindeira semana.

     

    Redacción Salnés