Javier Guerra destaca a aposta pola Multisectorial Fexdega a pesar da crise

    fexdega_inauguracion100.jpgVILAGARCÍA> A Multisectorial Fexdega abriu hoxe as súas portas. O encargado de inaugurar esta 40º edición foi o conselleiro de Economía.

    {flowplayer}images/salnes/inauguracion_fexdega.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A Xunta apostará por potenciar os recintos feirais como o de Vilagarcía. Así o indicou hoxe o Conselleiro de Economía Javier Guerra, na inauguración da Feira Multisectorial Fexdega. Nesta corenta edición, máis de cen expositores están presentes no salón e iso que estamos en crise. Un dato que resaltaron as autoridades presentes hoxe na feira.

    Na inauguración tamén estivo o presidente da Deputación de Pontevedra. Amais de reclamarlle á Xunta que dinamice os recintos feirais da provincia, Rafael Louzán tamén pediu apoio para o tecido empresarial. O conselleiro indicou que a Xunta ten en marcha xa un plan de 400 millóns de euros para axudar no financiamento de pemes e autónomos, e outro de 15 millóns para emprendedores.

    A Multisectorial Fexdega estará aberta en Vilagarcía ata o vindeiro luns, aproveitando a ponte do Pilar. A organización espera a visita de máis de 25 mil persoas de toda Galicia e estima que a feira reportará á comarca arredor de 400 mil euros en beneficios. Mobiliario, artigos para o fogar, automóbil, construción e comercio son algúns dos sectores representados nesta edición.

    Redacción Salnés