Unha invasión de algas pon en risco de morte a toda a ameixa da praia da Compostela

VILAGARCÍA> Novo desastre natural para as mariscadoras de Carril. Unha invasión de algas cubre por completo a beira do mar da praia da Compostela afogando á ameixa. As traballadoras calculan que poderán morrer máis de 30 mil quilos de marisco.

A natureza volve cebarse coa ameixa de Carril. Hai uns meses, era a alta incidencia de auga doce a que mataba a totalidade do marisco da praia de Bamio, agora é unha invasión de algas a que cobre toda a beira do mar da praia da Compostela.

A situación dentro do mar aínda é peor que o que se ve nas imaxes. As mariscadoras aseguran estar desesperadas.

A agrupación esta sendo axudada polos equipos do concello pero aínda así non é suficiente.

As mariscadoras temen un desastre como o de Bamio o que suporía a morte de máis de 30 mil quilos de ameixa.

A agrupación levaba meses sen traballar por culpa dos continuos problemas que matan a súa ameixa. A única opción que lles queda é solicitar o cese de actividade. Advirten que se non llo aceptan e perden todo o marisco poderían estar máis dun ano sen traballar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí