‘Stop Deshaucios’ confía nunha solución satisfactoria para Rosa Collazo

    desfiuzamentoleiro.jpgRIANXO> Sobre a rianxeira pesa unha orde de desafiuzamento ó non poder afrontar actualmente o pago da súa hipoteca.

    {flowplayer}barbanza/desfiuzamentoleiro.flv{/flowplayer}

    Varios membros de ‘Stop Desahucios’ do Barbanza achegáronse ata a vivenda de Rosa Collazo, situada no lugar de Rial, na parroquia rianxeira de Leiro, para informalle das últimas xestións realizadas pola plataforma para evitar o seu desafiuzamento. Dende ‘Stop Deshaucios’ Barbanza confíase plenamente en poder chegar a un acordo coa entidade financieira que posibilite que Rosa poida quedar na súa casa.

    En precario

    Este problema está a adquirir tamén un cariz  social, xa que Rosa , que vive soa e está separada, non percibe na actualidade ningún tipo de ingreso, subsistindo grazas á caridade de familiares e veciños que lle proporcionan alimentos e mesmo lle pagan a factura eléctrica. Precisamente, debido á súa delicada situación, os membros da plataforma Stop Desahucios aproveitaron tamén a visita para entregarlle alimentos de primeira necesidade doados pola ONG ‘El Oraj’.

    Máis casos

    A plataforma ‘Stop Deshaucios’ no Barbanza está a traballar actualmente nuns 12 expedientes de desafiuzamento en toda a comarca.

    Redacción Barbanza