A Ruta do Viño Rías Baixas pon a proba ós sumilleres afeccionados

    fotoenotursmocopia.jpgCAMBADOS> A Ruta anima a tódolos afeccionados ó viño a concursar nunha cata amateur con motivo do Día Europeo do Enoturismo. O gañador recibirá un diploma.

    {flowplayer}images/salnes/PtacDiaEnoturismo.flv{/flowplayer}

    Unha mesa e cinco viños para catar. Primeiro a cata será cega, despois de coller as primeiras notas destaparanse as botellas e unha vez vistas as marcas dos viños volverán a taparse para intentar, catándoos de novo, identificar cada viño coa súa marca. Deste xeito os participantes deste concurso, non profesionais iso si, porán a proba as súas dotes como sumiller.

    Agárdanse uns douscentos asistentes, aínda que a capacidade é para unhas catrocentas persoas.

    A cita será o domingo día 11 de novembro no Salón Peña de Cambados, ás 12 da mañá. Con esta cata, a Ruta do Viño Rías Baixas quere conmemorar o Día Europeo do Enoturismo.

    A convocatoria farase a través das redes sociais e está invitado a participar de balde todo aquel que o desexe.

    Os viños que se catarán serán doados polas adegas que queiran estar presentes no evento.

    Trátase da primeira edición do concurso pero a intención é que se consolide como cita anual.

    O único requisito para participar é a inscrición previa, o prazo está aberto ata o día 9 ás dúas tarde.

    Redacción Salnés