Zona Aberta cre que o expediente de Megasa confirma o proxecto dun centro comercial

    VILAGARCÍA> Os comerciantes de Vilagarcía están defraudados. Esta mañá, Zona Aberta puido consultar o estudo de detalle sobre a finca de Megasa. Nel atoparon algo que os sorprendeu: un certificado asinado polo alcalde no que aparece como razón principal para facer esa xestión a creación dunha área comercial.

     

    Para Zona Aberta, o estudo de detalle sobre a finca de Megasa deixa poucas dúbidas sobre o futuro da parcela. 

    Segundo Louzán, entre a documentación tamén había un plan cun deseño da posible área comercial e dos aparcadoiros, contemplando a creación dun novo vial para entrar en Vilagarcía que facilitara o acceso ó centro comercial.

    Pero o concello, mantense. Tomás Fole insiste en que non hai propostas formais.

    E explica o certificado do que fala Zona Aberta como unha acta que recolle unha consulta informal ó técnico de urbanismo.

    Despois de recibir luz verde da xerencia, o polémico estudo de detalle buscará a súa aprobación no pleno do luns. Unha sesión na que estará presente Zona Aberta.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/28/expediente_megasa_zona_aberta.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/28/expediente_megasa_zona_aberta.mp4{/flowplayer}