VILAGARCÍA> Os praceiros de Vilagarcía queren renovar e reestrutura-las instalacións do Mercado de Abastos para facelo máis atractivo. Explican que co peche de varios postos, créase a sensación na clientela de que hai pouco onde escoller. Lembran que o mercado segue ofrecendo unha ampla variedade de produtos, coa mellor calidade.
É o sentir xeralizado dunha praza de abastos á que lle está custando máis do habitual escala-la costa de xaneiro. Tralo Nadal, no Mercado de Vilagarcía baixou a clientela e tamén as vendas. Ademais, nos últimos tempos foron varios os postos que botaron o peche, deixando estampas como esta.
Por iso, os praceiros propoñen renovar e reestrutura-los postos do mercado, para face-lo espazo máis atractivo para a clientela. Esa proposta xa lla trasladaron ao Concello en máis dunha ocasión. Pero o proxecto está de momento parado nun caixón, do mesmo xeito que a renovación da ordenanza.
Aos praceiros tamén lles preocupa a redución da actividade do mercado ambulante dos martes e sábados. Nos últimos meses máis dunha ducia de postos. Algúns, cren no Mercado, por unha reestruturación do tráfico que poñen en cuestión.
A iso, engaden os problemas de estacionamento na parte traseira do mercado, pensada para os clientes, pero que -denuncian- acabou converténdose nun aparcadoiro disuasorio máis.