O SALNÉS> As Rías Baixas despedirán ao grande este 2025 con multitude de eventos. Un dos máis destacados está en Vilagarcía, coa xa tradicional Toma das Uvas. Unha cita que este ano promete moitas sorpresas, na conmemoración do seu 25 aniversario.
Carlos Blanco e Erea Hierro conducirán un acto co que se vai recibir o ano novo 12 horas antes con uvas, gominolas e cava. En concreto, vanse distribuir 400 quilos de uvas e 1.700 racións de doces de goma.
Na cita aproveitarase para “rebobinar” e ver como fondos cambiando ao longo deste último cuarto de século. Tampouco faltará a música e a animación, con Somoza Trío ou Nelson Quinteiro. Todo a partir das 11 da mañá na praza de Ravella.
Ademais, outros concellos da comarca tamén organizan eventos pre fin de ano. Por exemplo Cambados vai recibir o ano novo este mércores ás 11:00 horas na praza do concello con uvas e viño escumoso. En Meaño, entre tanto, xa estarán no 2026 dende esta tarde. Hoxe, aínda día 30, o concello organizou ás 19:00 horas unhas badaladas anticipadas, con uvas, chocolate con churros e moita música.












