![]()
SANTIAGO> Segundo o goberno autonómico, a norma establece garantías alimentarias para o consumidor e evita a competencia desleal.
{flowplayer}images/salnes/CONSELLO_XUNTA_FURANCHOS.flv{/flowplayer}
De agora en diante, os furanchos só poderán abrir un máximo de tres meses ó ano, entre o 1 de decembro e o 30 de xuño, e sempre que tiveran declarado a súa produción ante o sector vitivinícola e os propietarios dos memos teñan regulados os seus viñedos no rexistro vitícola de Galicia. Son algúns dos condicionantes que establece o novo decreto que regulará estes establecementos e que vén de aprobar o consello da Xunta.
O viño que se sirva non poderá estar embotellado. Deberá proceder directamente do barril, e os establecementos teñen a posibilidade de ofrecer un máximo de cinco tapas para acompañar. Tamén será obrigado exhibir o cartel de loureiro, emitir xustificantes de pago, ter contratada un póliza de seguro de responsabilidade civil e cumprir con tódalas medidas hixiénico sanitarias esixibles. Os concellos serán os encargados de supervisar a actividade destes establecementos e velar polo cumprimento da norma, ademais de elaborar un rexistro dos furanchos existentes no municipio e dar conta do mesmos ás autoridades sanitarias, de turismo e de medio rural.
Redacción Salnés










