Colaboración entre Caixanova e o Consorcio de comercios

    convenio_caixanova_copia100.jpgSALNÉS> A través deste acordo, os establecementos accederán a condicións financeiras especiais, así como liñas de crédito para os clientes.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_CAIXANOVA.flv{/flowplayer}

    O director comercial de Caixanova en Pontevedra, Manuel Soage, o presidente do consorcio do comercio do Salnés, Marcos César González, e os máximos representantes das oito asociación desta agrupación, asinaron un novo convenio que manterá condicións vantaxosas para os comerciantes e os clientes. González afirmou que é un protocolo de colaboración moi traballado e que Caixanova foi a única entidade que prestou facilidades.

    Dende Caixanova mostráronse moi satisfeitos co acordo para reactivar a actividade comercial en plena crise económica. Así, a colaboración levarase a cabo por dous vías de financiación para clientes mediante a utilización da Tarxeta Comercio e o crédito telefónico CrediSalnés. Ambos produtos permiten o prago fraccionado sen intereses ni comisións.

     O novo convenio tamén permite o acceso dos comercios asociados a plans de emprego, banca electrónica e seguros. Do mesmo xeito, asinouse unha colaboración para impulsar as iniciativas do comercios de cara á promoción da súa actividade.

    Redacción Salnés