Unha veintena de artistas participarán na gala benéfica de Asmis

    VILAGARCÍA> Será o 1 de decembro no auditorio de Caixanova, en Pontevedra. Varios clubes de Primeira división colaboran no evento.

    {flowplayer}images/salnes/GalaBeneficaAsmis_311012.flv{/flowplayer} 

    Máis de vinte artistas farán encher o auditorio de Caixanova en Pontevedra o día 1 de decembro. A intención é recadar fondos para a asociación Asmis, que traballa na integración laboral de persoas con discapacidades e minusvalías. Ademais, parte da recadación irá a parar a mans dos familiares de Miguel, un rapaz coruñés de cinco anos que sufre leucemia.

    As entradas poden conseguirse a través do teléfono 633.730.384 ou na páxina web asmispontevedra.com, a un prezo de 20 euros. Para os menores de cinco anos será de balde. No evento tamén colaboran numerosos clubes deportivos, ademais do Arosa e outros galegos como o Montañeros e o Coruxo, tamén toman parte o Sevilla, O Fútbol Club Barcelona ou o Atlético de Madrid, de ahí que vaian a ser sorteadas camisetas e material deportivo destes clubes asinadas polos seus xogadores.

    Juan Ibáñez, do programa El Hormiguero e a actriz Nerea Barros, serán os encargados de presentar a gala.

    Redacción Salnés