‘Vendima’ e Treixadura no Ramón Cabanillas de Cambados

CAMBADOS> Xornada de divulgación da viticultura entre a rapazada cambadesa. O alumnado do Ramón Cabanillas elaborou un documental sobre o sector do viño no Salnés. Presentaron a peza nun acto ao que convidaron tamén a membros de Treixadura. Dúas rapazas do centro encargáronse despois de entrevistalos para coñecer un chisco máis da traxectoria deste emblemático grupo.

O Xardín da memoria segue florecendo no IES Ramón Cabanillas. O proxecto que están a impulsar neste instituto cambadés contou hoxe cuns convidados senlleiros. Varios membros de Treixadura achegáronse ata o centro para seren entrevistados. Unha cuestionario ao que xa se someteron outros artistas como Mondra ou Sheila Patricia. Alba e Lucía foron esta mañá entrevistadoras por un día.

A pesar dos nervios do debut, as rapazas demostraron as súas habilidades como xornalistas ante Treixadura.

A actividade busca achegar a rapazada á música tradicional galega. Porque o obxectivo do proxecto é traer á actualidade as raíces do noso folclore.

Aproveitando a visita de Treixadura, a rapazada aproveitou para estrear o documental VENDIMA, elaborado polo alumnado do FP de vitivinicultura en colaboración con mozos da ESO.

A peza ten unha duración de oito minutos e vai dando conta de todo o proceso dun sector clave para a economía presente e tamén futura dos cambadeses.