As traballadoras advirten de que a falta de limpeza chegará ós colexios

    fotoclececopia.jpgVILAGARCÍA> Despois de asistir ó pleno da semana pasada, e ante a falta de medidas por parte do alcalde, tachan a Tomás Fole de cómplice da empresa.

    {flowplayer}images/salnes/ManifestacionClece021112.flv{/flowplayer}

    Das cincuenta e catro traballadoras de Clece, corenta e cinco se ven afectadas por unha redución de horas que ven imposta pola empresa e que se fai ademais sobre empregadas que non estaban xa traballando a xornada completa. Segundo a Cig o prego de condicións que rexe o contrato do concello con esta empresa non permite medidas deste tipo e esta mañá, diante do Concello, reclamáronlle o alcalde que tome medidas.

    Gañar algo de tempo e tratar de buscar unha solución para este colectivo, que xa tiña unhas condicións difíciles e que con esta medida queda aínda máis prexudicado.

    Igual que prexudicada queda a limpeza dos centros escolares, instalacións deportivas, auditorio, concello. Os efectos xa se están a notar.

    Un pavillón que antes se limpaba tódolos días, agora límpase dúas veces á semana. E contando ademais con que os medios que contan para o seu traballo tamén se viron reducidos.

    As traballadoras culpan ó alcalde de non tomar medidas e aseguran que se non fai nada é cómplice da empresa.

    Redacción Salnés