A oposición esíxelle a Ruíz que estude a viabilidade dun trazado alternativo á variante de Ribeira

RIBEIRA> A corporación ribeirense celebrou a pasada tarde un pleno no que, por terceira vez, se debateu a proposta dunha alternativa para a circunvalación. A oposición presentou de xeito conxunto unha moción instando ó goberno a estudar a viabilidade de aproveitar o trazado da estrada de Frións para a futura variante.

A proposición conxunta, presentada polo BNG, PBBI, PSOE e Suma Ribeira, solicitaba o cumprimento do acordo plenario para a realización dun estudo técnico sobre a estrada CP-7301 como alternativa ó proxecto de circunvalación. dende a oposición sempre defenderon que se reformase a estrada xa existente que discorre entre Frións e Xarás polo seu meor impacto ambiental e social, xa que non afectaría a núcleos habitados.

Durante a sesión plenaria debatéronse tamén, entre outros asuntos, o expediente de expropiación para a construción dunha senda peonil en Coroso, o convenio con Educación para a implantación do ciclo de Cociña e Restauración no mercado municipal e a contratación do Servizo de Axuda no Fogar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí