Principio de acordo para evitar o desafiuzamento

    principiosoluciondesafiuzamento100.jpgBOIRO> Mentres goberno e oposición buscan solución ós desafiuzamentos, unha familia de Cabo de Cruz ve máis próxima a saída á súa situación.

    {flowplayer}barbanza/principiosoluciondesafiuzamento.flv{/flowplayer}

    José Benito Agrelo e a súa familia comezan a ver a luz ó final do tunel despois de chegar a un preacordo co banco para manter a súa vivenda.

    Os problemas comezaron hai anos cando as dificultades económicas impedíronlle aboar varias cotas da hipoteca que roldaba os cincocentos cincuenta euros mensuais. Sen embargo, unha vez recuperado economicamente José Benito tentou saldar a débeda topándose coa negativa da entidade financeira.

    Asesoramento

    Daquela recorreu ó servizo de asesoramento da plataforma Stop Desafiuzamentos que buscou vías alternativas á perda da vivenda.

    Trala xuntanza mantida co director rexional de Nova Galicia Banco, José Benito confía en poder recuperar a súa casa e salvar a débeda, aínda que de momento non hai nada decidido.

    Redacción Barbanza