O PSOE solicita a suspensión da actividade de Calizas Mariñas

    psoeboirocalizasmarinhas.jpgBOIRO> Os socialistas acusan ó alcalde e ó seu equipo de goberno de deixadez de funcións por non defender os intereses dos veciños

    {flowplayer}barbanza/psoeboirocalizasmarinhas.flv{/flowplayer}

    O Partido Socialista de Boiro levará ó vindeiro pleno unha iniciativa coa que pretende que tódolos membros da corporación municipal se pronuncien claramente sobre este problema que dende hai tempo padece a veciñanza a consecuencia dos frecuentes cheiros e vertidos. Xoán Xesús Ares referiuse ás múltiples oportunidades que mesmo o anterior goberno municipal, liderado por nacionalistas e socialistas, lle deu a esta empresa para tratar de solucionar estes problemas. Segundo el a situación veuse agravada nos últimos meses, dende a chegada do PP á alcaldía. Neste tempo houbo máis de trinta denuncias presentadas pola actividade insalubre que produce a firma.

    Suspensión cautelar ou definitiva

    Por esta razón os socialistas instan á alcaldía a tomar unha decisión firme, e que a través dos informes técnicos correspondentes, leve a cabo a suspensión cautelar ou definitiva da fábrica, mentres non se solucionen os problemas que xera.

    Redacción Barbanza