RIBEIRA> A Xunta e a Universidade de Santiago veñen de colaboran nun proxecto que tivo como finalidade a repoboación no Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e nas Lagoas de Carregal e Vixán, coa especie ameazada ‘Iberodes Littoralis’, tamén coñecida coma ‘Embigueira das Praias’.
Trátase dunha zona na que historicamente esta planta sempre estivo presente, aínda que o último rexistro que se tiña dela neste espazo natural databa do ano 2007, cando foran localizados pouco máis de 120 exemplares.
O proceso de recuperación iniciouse o ano pasado e permitiu a recuperación desta especie.
Durante unha visita á zona a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, que a floración dos exemplares da especie reintroducida supón un grande avance de cara á recuperación dunha especie que pode considerarse un dos elementos máis carismáticos da biodiversidade do sistema dunar do parque.
A acción levada a cabo foi cofinaciada cunha achega do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con máis de 17 mil euros. Grazas a ela conseguiuse a preservación desta especie vexetal incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.