Aragunde explica as súas contas e quere xestionar Exposalnés

    fotoaragundecopia.jpgCAMBADOS> O rexedor explica que non existe o déficit que se lle outorga e anuncia que xa iniciou as conversas para facerse coa xestión de Exposalnés.

    {flowplayer}images/salnes/ContasCambadosExposalnes.flv{/flowplayer}

    Segundo o Ministerio de Facenda o Concello de Cambados pecharía o exercicio económico do 2011 cun desfase económico de 600.000 euros. É dicir, o Concello tería gastado 600.000 euros máis do que tería ingresado. Estes datos contrastan co superávit que anuncian dende o Consistorio, onde aseguran que este ano as arcas municipais ingresaron case 50.000 euros máis do que gastaron. O rexedor cambadés explicou esta mañá os motivos da contradición.

    Un acordo coa Secretaria Xeral para o Turismo por valor de dous millóns e medio de euros que se investiron en Cambados dende o 2008 ata o día de hoxe. É dicir, aínda que un millón de euros aparece como gasto deste ano os cartos xa estaban gardados. 

    É precisamente ese saneamento das contas do Concello o que lles permitiría agora facerse cargo das instalacións de Exposalnés. O edificio, propiedade do Concello, estaba sendo xestionado pola Xunta, pero a política de adelgazamento da administración e dos seus organismos fixo que a actividade nestas instalacións se vise moi reducida. Dun tempo a esta parte a situación complicouse por mor da falta de limpeza e de coidado, polo que agora o Concello quere facerse cargo del.

    Actividade que pase sobre todo por reunións, cursos ou mesmo os plenos da mancomunidade. Pero ademais outros servizos para os que o Concello precisaría tamén máis espazo.

    Redacción Salnés