CAMBADOS> Ó longo de toda a fin de semana, o Paseo da Calzada converterase no escenario desta nova edición da festa.
{flowplayer}images/salnes/INAGURACION_VIEIRA.flv{/flowplayer}
Desde o minuto un a carpa degustación situada no Paseo da Calzada estivo ateigado de xente para degustalas primeiras vieiras nesta décima edición da festa de Exaltación da Vieira. O Presidente da Deputación de Pontevedra e o Delegado da Xunta en Pontevedra asistiron esta mañá á inauguración. De cara á fin de semana, o alcalde cambadés, Luis Aragunde, confesou que as expectativas son moi boas.
Doce mil unidades deste molusco xa están listas para ser cociñadas e degustadas tanto por veciños coma por todos aqueles turistas que se acheguen esta fin de semana ata a Cambados.
E é que esta festa que xa vai pola súa décima edición xa está, resaltou Cores Tourís, totalmente consolidada.
Así que xa o saben se non teñen plan para esta fin de semana, teñen unha cita gastronómica en Cambados.
Redacción Salnés